Quen somos?

Coñece a nosa experiencia e a nosa historia.

Identificando a arte dende 2012

Galantiqua Arte & Antigüedades é unha empresa dedicada á catalogación, datación e taxación profesional de todo tipo de obras de arte e antigüidades, así como á xestión de coleccións e comisariado de exposicións.

Está formada por un grupo interdisciplinario, adaptado ás necesidades específicas do encargo, e conta coa xestión e dirección de Ana Paula Castro Jiménez nos proxectos desenvoltos.

Galantiqua, catalogación de obras de arte en Galicia

A nosa historia

Galantiqua Arte & Antigüedades, fundada no ano 2012 e con xestión directa en toda a península, é unha empresa que conta con diversos profesionais cunha ampla formación académica en Historia da Arte e taxación xudicial.

Recibimos encargos de sectores específicos como avogados litigantes, profesionais de seguros, empresas e fundacións de ámbitos moi variados, administracións públicas locais e nacionais, e diversos coleccionistas e particulares.

Analizamos o valor económico de todo tipo de obras de arte e antigüidades en xeral, pero grazas a estudos específicos en diversas materias, podemos catalogar e valorar pezas máis concretas como xoias, reloxos ou obxectos de marfil.

A nosa experiencia

Galantiqua Arte & Antigüedades está formada por un grupo interdisciplinario que se adapta ás necesidades específicas do encargo nos proxectos desenvoltos. Ofrecemos un servizo integral relacionado con todo tipo de pezas de arte e antigüidades.

Grazas a anos de experiencia e coñecemento en diversos sectores, como o mercado de poxas e o mundo das antigüidades, a elaboración de informes de valoración específicos para seguros, as peritaxes específicas para casos xudiciais, e a dirección e coordinación de proxectos de comisariado, podemos cubrir un espectro moi amplo do sector.

Galantiqua, Ana Paula Castro
Catalogación de obras de arte en Galicia, Galantiqua

Adaptabilidade

Cada obra de arte ou peza antiga ten as súas particularidades e encargámonos de adaptarnos ás necesidades de cada cliente, empregando as ferramentas necesarias para xestionar unha colección, asesorando e buscando diferentes alternativas. Cunha ampla experiencia no sector, ofrecemos un servizo profesional, honesto e personalizado, axudando aos nosos clientes a descubrir e a optimizar o verdadeiro valor do seu patrimonio.

Colaboramos regularmente con historiadores e historiadores da arte, restauradores e outros especialistas en campos específicos, o que nos permite abordar proxectos de maior envergadura con plenas garantías.

Actualidade

Nunha sociedade en constante cambio cultural e tecnolóxico, propoñemos un novo concepto de valoración e taxación (on line e presencial), consultoría técnica especializada, xestión personalizada e intermediación na compravenda, desenvolvemento de proxectos culturais (organización e desenvolvemento de contidos, dirección técnico-artística e comisariado), así como a investigación profesional en diferentes campos da arte difundidos de forma dinámica a través de plataformas dixitais.

Galantiqua arte e antigüidades en Galicia

Colaboramos con:

Galantiqua, Universidade de Santiago de Compostela
Grupo Alforo, Galantiqua

Somos parte de:

Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.